Preinscrición Escuela Municipal de Música de A Coruña

INSTRUCIÓNS PARA CUMPRIMENTAR O FORMULARIO

O que buscamos con este formulario é coñecer as túas preferencias musicais en base as prazas ofrecidas para o alumnado novo.

Polo que:

– se cumpres de 4 a 7 anos (antes do 31 de decembro de 2024), terás que cubrir a parte de Música e Movemento

– a partir dos 8 anos (cumpridos antes do 31 de decembro de 2024), pasarás a cumprimentar os datos da Área Xeral.

En calquera caso, en ambas opcións (tanto en Música e Movemento como na Área Xeral) verás que hai unha casa chamada “Observacións”. Este apartado está habilitado para que poidas especificar algunha opción máis ou calquer indicación ó respecto, como por exemplo: “válenme todos os días a partir das 17.30 horas” ou “váleme calquer instrumento de vento”. Desta maneira, teremos máis posibilidades de asignarche unha praza.

Para os que queirades inscribirvos únicamente en Talleres teredes que enviar un correo electrónico á Xefa de Estudos: jefaturaem@coruna.gal indicando o voso nome, teléfono e preferencia de taller, para que se poña en contacto convosco. Os distintos talleres aparecen na oferta educativa da nosa páxina web.

IMPORTANTE: para asignarche a praza temos que seguir os criterios de adxudicación das mesmas, polo que non podemos asegurarche as primeiras opcións das túas preferencias de horarios. Non obstante, intentaremos axustarnos o máximo posible ó horario solicitado.

Aclarado todo isto, deixámosche uns exemplos de como cubrir cada unha das áreas.

 MÚSICA E MOVEMENTO  

En cada unha das tres opcións que hai no formulario, por orde de preferencia, terás que escoller dous días e en cada un deles unha hora (segundo horarios dispoñibles expostos) por exemplo:

OPCIÓN 1: Martes ás 16:30 e Xoves ás 19:30 horas. OPCIÓN 2: Luns ás 17:30 e Martes ás 17:30 horas.

 ÁREA XERAL

Neste caso, únicamente será necesario escoller a hora de instrumento, dado que as horas de linguaxe e agrupación non son necesarias ata cumprimentar a matrícula.

Para iso, por orde de preferencia, das opcións dispoñibles elixirás :

área-instrumento-día e hora 

Por exemplo:

OPCIÓN 1:

Área: Clásica

Instrumento: Piano

Día: Martes

Hora: 16:30 horas.

OPCIÓN 2:

Área: Jazz

Instrumento: Saxofón

Día: Venres

Hora: 18:30 horas.

IMPORTANTE: Este apartado é só para alumnado ata 8 anos de idade. Para maiores de 8 anos, cubrir ÁREA XERAL.

Importante: o grupo das 15.30 abrirase no caso de existir mínimo 7 persoas solicitantes.
DÍAS E HORARIOS DE PREFERENCIA
IMPORTANTE: Este apartado é só para alumnado de 8 anos ou máis. Para menores de 8 anos, cubrir MÚSICA E MOVEMENTO.
DÍAS E HORARIOS DE PREFERENCIA

MOI IMPORTANTE:

O formulario pode dar ERRO cos correos electrónicos rematados en @yahoo.com ou yahoo.es. Se ten outro correo electrónico (gmail, hotmail, etc.) por favor, probe con ese.

Se ao enviar o formulario sae unha mensaxe de ERRO, non se preocupen, nós recibimos o formulario igualmente, non é necesario volver a envialo. 

OBSERVACIÓNS XERAIS

PUBLICACIÓN DE PRAZAS DISPOÑIBLES

21 de maio (na páxina web da Escola)

DATAS DE PREINSCRICIÓN

do 21 ó 27 de maio

PUBLICACIÓN LISTA DE ADMITIDOS

3 de xuño (informarase mediante correo electrónico)

DATAS DE MATRÍCULA

do 3 ao 7 de xuño

 

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS VACANTES DE MÚSICA E MOVEMENTO (DE 4 A 7 ANOS)

  1. Por empadroamento, ten prioridade o alumnado empadroado no Concello da Coruña. (Comprobaranse os datos do padrón co Excelentísimo Concello da Coruña.)
  2. Por ter un irmán ou irmá menor de 18 anos matriculado/a na Escola.
  3. Desde a Xunta de Galicia estableceron o seguinte criterio para a adxudicación de prazas para o curso 2024/25: o número total de solicitudes recibidas multiplicarase por 0.70 (número resultante do sorteo público), e o resultado á alza, será a cifra que se terá en conta para empezar a adxudicar as prazas. Para iso, a medida que se vaian presentando as solicitudes en liña, asignarase un número correlativo que figurará no correo que recibiredes de confirmación.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS VACANTES DE ÁREA XERAL (A PARTIR DE 8 ANOS)

  1. Por empadroamento, ten prioridade o alumnado empadroado no Concello da Coruña. (Comprobaranse os datos do padrón co Excelentísimo Concello da Coruña.)
  2. Por ter un irmán ou irmá menor de 18 anos matriculado/a na Escola.
  3. Por orde de data de nacemento, teñen prioridade as persoas solicitantes de menor idade.